ASOCIACIÓN TDAH SALNÉS
08/01/2020
Obradoiro en 3D sobre o camiño de Santiago, proyecto cofinanciado polo "O Teu Xacobeo".
"Santiago de Compostela en 3D"
A Asociación Tdah Salnés, dentro da sua labor de carácter dinamizador e inclusivo, vai levar a cabo unha Actividade en relación có Xacobeo, na que se pretende dende unha perspectiva escolar, educativa, familiar, ademáis de dinamizadora e social, darlle visibilidade ó noso colectivo, de maneira que, recorrendo a Historia da nosa Comunidade, poñendo en valor a nosa Cultura Patrimonial, a través do Camiño de Santiago pola Ruta Poruguesa, cunha parada na Ruta do Mar de Arousa e o Río Ulla,
faremos fincapé nos obxetivos e os valores que defende o noso colectivo e a nosa Asociación, como grupo que traballa pola inclusión, a través da participación nos espacios sociais nos que se defendan valores e se construian lazos de cooperación, tendendo redes entre diferentes persoas e outros grupos sociais.
Dende unha metodoloxia innovadora coma é o 3D, realizaremos unha serie de actividades para toda a famila, rapaces e adultos,
sexan socios ou non da Asociación Tdah Salnés.
A actividade consiste na impresión en 3 D, de varios monumentos emblemáticos do Camiño de Santiago, que realizarían os participantes da man da empresa colaboradora, de Vigo, Rysia, cá coordinación da nosa socia-colaboradora, a pedagoga #PaulaSuárez e o apoio no proxecto da Coordinadora de Actividades de Tdah Salnes, #VariniaDóce
Levarase a cabo nun espazo habilitado ó efecto, no #CentroComercialArousa, que, unha vez máis colabora desinteresadamente con nós.
Os dias serán os venres, 10,17 e 31 de Xaneiro, ademáis do 7 e 14 de Febreiro que remata o taller.
O Horario é de 20.30 ata 22.00 horas.
É unha actividade totalmente GRATUITA!
O plazo de inscripción remata o dia 10 de Xaneiro, ás 13.30 h, fecha na que se inicia dita actividade.
Quedan dispoñibles 5 plazas!!
Os interesados poden chamar ó noso teléfono 658238472.
Unha vez rematado o taller, as maquetas estarán expostas no Centro Comercial Arousa, nun local habilitado polo Concello de Ribeira, e noutros espazos de diferentes localidades, a petición dos interesados en colaborar con este "Proxecto beneficiario do Programa O Teu Xacobeo".
Esta e unha actividade integradora, de interese individual, familiar e social!!
#tdah #tdahSalnés #Dislexia #inclusión #diversidad #comarcasalnes #comarcabarbanza #comarcaumiadeza #OTeuXacobeo #Xacobeo2021
#CamiñodeSantiagoen3D
#ConcellodeVilagarcia #CondellodeRibeira #CentroComercialArousa #Rysia #PaulaSuárez #positivandogabinetedepedagogíapositiva #variniadóce #rebecacameán #emiliomartis #juliagarciamonteagudo #carlacarrolago #oleadana #3D #obradoiros
#Porlasonrisadeunniñ@ #ladiversidadpuntodeunionpuntodeencuentro #haciendovisibleloinvisible