DESFILE DEL TRAJE TRADICIONAL

 

  O Desfile do traxe tradicional galego iniciase en agosto do 2016, como evento dinamizador e benéfico  da Asociación TDAH Salnés . O  que comezo como un medio para recaudar fondos, terminou a ser unha cita obrigada, tanto para socios, colaboradores, participantes ate interesados pola vestimenta tradicional galega. Despois de dous anos de realización do evento en Vilagarcía de Arousa, pasou a formar parte da "Festa da Dona" en Portas, no que xa participamos por segundo ano consecutivo. O noso desexo e incentivar a visibilidade dun elemento fundamental na nosa artesanía e mostralo as novas xeracións con unha intención de perdurabilidade.